Thursday 02 de May de 2024

Finalmente si se celebrará a Cabalgata de Reis Magos esta tarde, co percorrido e cos horarios previstos


Atendendo ás últimas predicións meteorolóxicas que anuncian escasas precipitacións, si vai celebrarse a cabalgata de Reis por todo o municipio esta tarde, seguindo os horarios previstos. Os Reis Magos saudarán ás 16:30 horas desde o balcón da Casa Consistorial e acto seguido iniciarán o seu percorrido.

Ademais da cabalgata, hai festas de Reis en Mera (Parque da Lagoa, desde as 16:00 horas) e en Iñás (Casa do pobo, tralo paso da cabalgata sobre as 18:00 horas), que organizan as entidades veciñais coa colaboración do Concello. En Perillo, a Asociación de Veciños A Ría, tamén organiza unha chocolatada para recibir aos Reis Magos na polideportiva da II República (desde as 19:00 horas).

Os horarios aproximados de paso dos Reis Magos son os seguintes, aínda que poderían sufrir variacións en función do tráfico:

▪16:30 H – Recepción oficial na Casa do Concello e saúdo desde o balcón do consistorio
▪16:45 H – Avenida Francisca Herrera
▪16:50 H – Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos
▪17:00 H – Avenida Rosalía de Castro, Casa do Pobo de Montrove
▪17:10 H – Rúa das Garridas
▪17:20 H – N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar)
▪17:25 H – Urbanización O Seixo
▪17:40 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido
▪17:55 H – Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós
▪18:05 H – Avenida Espoz y Mina
▪18:10 H – Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás
▪18:15 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza
▪18:30 H – O Couto, Rúa do Golfiño
▪18:40 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo
▪18:50 H – Rúa Doutor Fleming
▪19:00 H – Paseo de Mera
▪19:05 H – Avenida María Pita
▪19:10 H – Avenida República Arxentina, Breixo
▪19:15 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo
▪19:25 H – Rúa Viñas de Babilonia
▪19:35 H – Avenida Concepción Arenal
▪19:40 H – Avenida Che Guevara
▪19:50 H – Rúa Darwin
▪20:00 H – Avenida Santa Cristina
▪20:10 H – Rúa Miradoiro
▪20:15 H – Polideportiva avenida II República